Billete de 5 euros

Billete de 5 euros

Primeira serie (2002-2011)[1]
Anverso
Reverso

Segunda serie (desde 2013)[2]
Anverso
Reverso

O billete de 5 euros é o billete da serie do euro co valor facial máis baixo, posto en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.

Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 2.124.000.000 billetes de 5 euros en circulación na Eurozona. É o quinto valor facial con máis presenza na circulación e representa o 7,2 % do papel moeda en uso.[3]

É tamén o billete de menor tamaño do sistema, cunhas medidas de 120 × 62 mm, e a súa cor característica é gris azulada.

Os billetes de 5 euros representan en ambs as súas faces pontes e arcos ou portas da arquitectura clásica grecorromana. Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.

O billete de 5 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", foi anunciado o 3 de abril de 2013 e entrou en circulación o 2 de maio dese mesmo ano.[4]

  1. "5 Euro 2002 Series". Numista.com
  2. "5 Euro Europa Series". Numista.com
  3. "Euro banknotes, quantities". European Central Bank (ECB.europa.eu).
  4. "Nota de €5 da série “Europa” entra em circulação em 2 de maio de 2013". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). 3 de abril de 2013.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search